Thursday 5 March 2020

Actividades de Formación en Linguas Estranxeiras 2020 (Axudasle 2020)






Xa está publicada na páxina da Consellería de Educación da Xunta de Galicia a convocatoria das actividades de formación en linguas estranxeiras para o ano 2020.

O prazo de solicitude é ata o 26 de marzo e están destinadas a alumnos de ESO e Bacharelato. Os requisitos son os seguintes:

- non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso
- nota mínima na área de lingua inglesa de Ben ou 6 no curso 2018-2019
- ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2018-2019
- ter DNI (excepto menores de 14 anos) ou NIE en vigor

Se queredes máis información, podedes acceder directamente a páxina da Xunta na seguinte ligazón:



E se queredes información de primeira man, podedes preguntar a alumnos que xa o fixeron en anos anteriores e mesmo neste blog atoparedes algunhas experiencias de alumnos en pasados anos. 

¡Animádevos a solicitalas!








No comments:

Post a Comment