Sunday 9 February 2020

Trinity College London Exams





Este ano, por primeira vez, os nosos alumnos de 4º de ESO teñen a oportunidade de presentarse ás probas de certificación de Trinity College London de xeito gratuíto. Ditas probas están organizadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e bríndanse a aqueles centros pertencentes á Rede de Centros Plurilingües de Galicia.

A primeira proba, Speaking & Listening, terá lugar o vindeiro xoves 13 de febreiro, no noso Centro, o CPR Plurilingüe Santo Ángel. 19 alumnos son candidatos para obter o certificado ISE I (B1), ISE II (B2) ou ISE III (C1).

Para practicar esta proba, os alumnos levan traballando diferentes dinámicas nas clases de inglés e coa axuda do noso auxiliar de conversa, Joshua Thomas. Nestas actividades, todas dirixidas a fomentar a comunicación e interacción oral, os rapaces tiveron a oportunidade de facer debates, entrevistas e pequenas presentacións.  




Moita sorte a todos!

#trinitycollegelondon #trinityexams #proudofourstudents


No comments:

Post a Comment