A Consellería de
Educación convoca a STEMweek, actividades formativas STEM en lingua inglesa,
(Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), dirixidas á mellora das
competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica do
alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria matriculado en centros
docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.
O lugar onde se
realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente,
Burgo-Acea de Ama, s/n, Culleredo 15670), en réxime de internado de domingo ao
sábado seguinte.
En cada quenda, o alumnado entrará o domingo entre as 18.00
e as 19.30 horas e sairá o sábado entre as 12.00 e as 13.30 horas. As familias
ou titores legais dos menores serán os responsables de levar e recoller o
alumnado ata o lugar de realización da actividade, e os gastos que isto
ocasione serán a cargo deles. O resto das actividades será gratuíto para o
alumnado adxudicatario das prazas ofertadas.
Requisitos:
a) Estar cursando 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria no réxime xeral,
en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2018/19, na Comunidade
Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as materias no curso 2017/18. De ser adxudicada unha
praza obxecto desta convocatoria a un alumno/a de 4º de ESO que non teña
superadas todas as materias do curso 2018/19, deberá renunciar a ela.
c) Ter acadado no curso 2017/18 unha cualificación mínima de 6 na materia de
Inglés.
As solicitudes
presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario ED504G
dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo para a
presentación de solicitudes será desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dous incluídos.
Máis información no DOG do 24 de abril de 2019 e en www.edu.xunta.es
Casino Review, Bonus, Deposit & Bonus | Mapyro
ReplyDeleteCasino 천안 출장마사지 Review, 아산 출장안마 Bonuses, Games, Payments, Security, 양산 출장마사지 & more. Find the best bonus codes, 고양 출장마사지 free spins, games 남원 출장안마 and more!