Tuesday 24 March 2015

Actividades de formación en linguas estranxeiras

O pasado martes 17 de marzo saiu publicada na páxina da Consellería de Educación da Xunta de Galicia a convocatoria das actividades de formación en linguas estranxeiras para o ano 2015.

O prazo de solicitude é ata o 16 de abril e están destinadas a alumnos de ESO e Bacharelato. Os requisitos son os seguintes:

- non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso
- nota mínima na área de lingua inglesa de Ben ou 6 no curso 2013-2014
- ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2013-2014
- ter DNI (excepto menores de 14 anos) ou NIE en vigor

Se queredes máis información, podedes acceder directamente a páxina da Xunta na seguinte ligazón:



Gustaríame animarvos a todos a que participedes nestas actividades. Podedes preguntar a alumnos que xa o fixeron en anos anteriores e mesmo neste blog atoparedes algunhas experiencias de alumnos en pasados anos. 

Por suposto, contade comigo se necesitades que vos aclare ou axude en algo. 

No comments:

Post a Comment